BÓLAS DE PLÁSTICO, GRANULADO OU PÉLLETS NAS NOSAS COSTAS

¡Vaia regalo de Nadal nos mandan a través do Mar! Ese Océano inmenso bota fóra uns diminutos grans que oxalá nos fixeran reflexionar para facernos conscientes do indeleble vínculo que por sempre nos unirá ca Terra, ca Natureza e coa Vida. Boliñas de Nadal (non da árbore) e sen carácter ornamental. Cuspe o mar no tempo de Nadal. Doentes as vísceras rematan por devolver restos imposibles de dixerir. Frío propio do inverno conxela as bágoas mariñas confundidas agora con folerpas. Esta neve non serve para facer bonecos nin bólas que poidas arrebolar. Só fire conciencias e lémbranos a conexión coa Terra Nai e con ese Mar paternal productivo e con recursos sempre. Natureza, Vida apréndenos a escoitar para facer do respecto símbolo e bandeira, causa pola que loitar. ,