BÓLAS DE PLÁSTICO, GRANULADO OU PÉLLETS NAS NOSAS COSTAS

 



    ¡Vaia regalo de Nadal nos mandan a través do Mar! Ese Océano inmenso bota fóra uns diminutos grans que oxalá nos fixeran reflexionar para facernos conscientes do indeleble vínculo que por sempre nos unirá ca Terra, ca Natureza e coa Vida. 

    Boliñas de Nadal (non da árbore)  e sen carácter ornamental.


Cuspe o mar

no tempo de Nadal.

Doentes as vísceras

rematan por devolver

restos imposibles de dixerir.

Frío propio do inverno

conxela as bágoas mariñas

confundidas agora con folerpas.

Esta neve non serve

para facer bonecos

nin bólas que poidas arrebolar.

Só fire conciencias

e lémbranos a conexión 

coa Terra Nai

e con ese Mar paternal

productivo e con recursos sempre.

Natureza, Vida

apréndenos a escoitar

para facer do respecto

símbolo e bandeira,

causa pola que loitar.

,



Comentarios

Publicacións populares deste blog

No Monte San Lois

Outro outono

PRIMAVERA