ENGANOUME A LÚA
ENGANOUME A LÚA Enganoume a Lúa facéndome crer no asolagamento dese mar de luz azul que era raeira de Sol e na cegueira motivada nos meus ollos na noite da ignorancia, no máis escuro descoñecemento brilou como nunca a indómita beleza da plenitude. Enganoume a Lúa facéndome crer que era leal compañeira cando só a soidade me abrazaba e a silente insignificancia da pequenez da miña existencia insistía teimuda que esa aloucada reflexión de perdida nanopartícula nun inabarcábel macrocosmos ben podería ser a plenitude. A conciencia total de pertenza a un conxunto superior a un Universo de creación. Enganoume a Lúa facéndome crer que o soño non había rematar máis... Chegou o Sol acendeuse a luz e rematou a función. A estúpida razón acaparando aplausos tratando sempre de dar explicacións o brilo dunha raiola perdida reflectida no ego do home. Nese intre xurdeu a insatisfacción a desconformidade coa propia esencia. Podería ser que só a heroicidade da incerteza da morte nos devolva a...