A SABEDORÍA POPULAR NA METEOROLOXÍA
Hoxe a inspiración chega da man dos ditos de sempre dos mariñeiros respecto á predicción meteorolóxica. E os que vivimos no Son sabemos de certo que si Monte Louro ten sombreiro, a chuvia non ha tardar en facer a súa aparición.
Se o señor que tés de frente
leva un bonito sombreiro
esquécete dun día quente
e repleto de solleiro.
Os veciños de Porto do Son
ollamos cara o horizonte
e, de contado, se os raios
do sol brilan
e Louro se ve o Monte
sabemos de certo que ese día
poderemos desfrutar dun paseo
por este lado da ría.
Lembra si leva chapeu
sinónimo de chuvasco
e deixa o paseo para mañán
se non queres levar un chasco.
Comentarios
Publicar un comentario