CANDO ATA AS PEDRAS FALAN


 


Corazón de pedra

Cabeza gacha

ollos tristeiros

outono meláncolico e gris.

Tarde borrallenta

frío nos ósos

e na alma mesma

desesperanza

existencial vacío

tantos interrogantes por resolver

tantas dúbidas agardando resposta.


Máis a esperanza 

non habemos perder xamáis.

Nunha praia

na area mesma

unha pedra arrodeada

de mil pedras máis

destácase entre as semellantes

e fálame.

Non sei si emite son algún

ou son os meus incontrolables devezos

de atopar sentido 

o que me fai ver

ós meus pés

na rocha mesma

o universal símbolo do amor:

Un corazón duro e frío

coma o material do que está feito

máis que insufla

no meu peito

calor e vida

xustamente do que adoecía

neste morriñento serán.


Grazas mil Natureza

por ser sempre a Nai amiga

que aprende ós seus fillos

o camiño da vida.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

No Monte San Lois

Outro outono

PRIMAVERA