REGÁLAME MIL E UN OUTONOS MÁIS



 A unha amiga (M.G.G.) que me cedeu as fotos de hoxe...


Regálame mil e un outonos máis


Oxalá as marcas dos petroglifos

simbolicen os indelebles sinais

que unha amizade pode gravar na alma.


Regálame mil e un outonos máis

non temo a fuxida das anduriñas

nin a caída das follas

procesos naturais son.


Iso sí, fago pública a miña renuncia...

Asumo a reponsabilidade

na estúpida espiral trazada

polo noso desnortado camiño.

Non serei máis cicerone.


Escoitarei e aprenderei

nesta viaxe vital.

Natureza renovándose

deixando ir o excedente.


Moitos anos xa acompañándonos.

Hoxe non somos as de onte

Nin mañán

Nin nunca máis o seremos...

Máis o pouso da nosa amizade

substancia será sempre

na fondura dos nosos corazóns.

Comentarios

  1. Texto inspirado nun paseo "circular" ó petroglifo de A Gurita en Baroña (Porto do Son).

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

No Monte San Lois

Outro outono

PRIMAVERA