Fogos de artificio Nazareno 2023 A Pobra do Caramiñal
Soñando coa luz das estrelas
Nesta falacia existencial
na que a realidade física
se amosa húmida e escura
en outonal serán...
Soño cun sol que se agocha,
un vento varrendo o ceo
para que nin unha soa nube
manche o límpido fondo
onde só han brillar as estrelas...
Sempre as estrelas.
E o fachendoso ego do home
tentando de replicar na Terra
con fogos de artificio
o replandor que ven de lonxe
de celestes corpos quizais mortos.
Máis desas cinzas xorde
a intuición da mesma vida,
da CREACIÓN con maiúscula.
Fuxo da pirotecnia
do ruido da festa
e da mentira
e refuxio atopo
nun solitario banco.
E no silencio da noite
acéndese de súpeto
o candil que alumea
no meu adentro.
Esperta o espírito
e dítame estas verbas
que fielmente reproduzo
neste escrito.
Veñen de lonxe.
Son curmáns das estrelas
e comparten con elas
anacos da CREACIÓN.
Comentarios
Publicar un comentario