SAMAÍN
¡Invócovos Bruxas, Meigas, noxentas Cociñeiras!
¡Dádeme a receita
pois preciso é combater
a pezoña de sapos e píntegas!
Tanta festa, mundanal ruído
tremen os meus ouvidos
nunca tl eu vira no Samaín
lambonadas por centos.
Premerei con forza o meu maxín
para facer un bebedizo
que non me valdeire a faldriqueira
despois de tan frívolo gasto
e respecte o intestino...
¡Máxica apócema só che pido
que alonxes de mín a furriqueira!
¡Marchade espíritos do mal
que me facedes pecar
e non voltedes ata o vindeiro
Antroido chamado tamén Carnaval!
Comentarios
Publicar un comentario