No Monte San Lois


        Un millón de grazas a Teresa Chouza (Marsonensa en Instagram) por cederme esta fotografía. Levaba días coas verbas entupidas na gorxa. Non eran quen de querer manifestarse. Nunca seremos mestres nas despedidas dos seres queridos. Hoxe fai unha semana que marchou a nosa amiga e a ela, sen permiso, lle adicamos as letras que seguen. Non sei por que non son as máis fermosas, hoxe fuxen xoguetonas e ceden o protagonismo á mestra, a unha mestra que poñía por diante ós seus alumnos e os seus valores e que fuxía da portada. Grazas, porque sei que lle gustarían e non as ía criticar. Había valorar a intención coa que foron escritas.


IN MEMORIAM, TERESA LÓPEZ PEREIRA, falecida en Santiago de Compostela o día 13 de febreiro do ano 2.024


    Non fuxiron os meus medos coa túa partida, máis a dor infundiu no meu ánimo os azos necesarios para decirte ADEUS, ata sempre. Só coñecemos a finitude desta vida. Unha enerxía marabillosa do alén, alentounos coa certeza da eternidade. Eras pequena de estatura, máis a luz do teu interior converteuse pronto nun faro certeiro guiando os nosos erráticos pasos. Desfrutabas das alturas gabeando penedos para descubrir a grandeza da creación desde os miradores que distorsionan o horizonte e o fan inabarcábel ó ollo humano. Na súa contemplación estou ben segura de que te sentías formiga, farangulla do milagre da man creadora. Dende a humildade suprema do meu espírito só quero que confíes na lembraza indeleble que convirte en inesquecibles as pegadas compartidas no camiño.


    Agora sei que non estou soa. Esa invisible enerxía que nos rodea conectounos. Síntome tan afortunada. Só quero das GRAZAS unha e mil veces por terte atopado. Só a túa confianza cega en mín me fixo ver que cada un nós é dono do máis preciado tesouro, o que gardamos no noso interior.


    Grazas por todo, por ser mestra, amiga, compañeira e, na disparidade dos nosos caracteres, ser quen de apreciar similitudes. Non podo nin quero ser egoísta centrando a miña atención no que perdín coa túa marcha. Vou facer un esforzo, un traballo interior dese que tí me aprendestes, para sentir un agradecemnto infinito por todo o que gañei contigo.


    Lección de vida, "Abuela". Agora só falta que me decida a estudiala e ouse compartila.


    Mentras, desfruta do merecido descanso e desas vistas privilexiadas que temos na nosa terra (as da foto, desde o Monte San Lois en Noia). O máis excelso pintor esmerouse na reproducción da sinuosidade do trazado das nosas Rías e nós, imperfectos humanos, só podemos silenciar o noso ego ante a súa grandeza e aprender a superar o inmenso medo que produce unha folla en branco. Máis cando nese cautivador silencio escoitas unha voz, rauda e veloz... é o momento. Prodúcese a inconciencia do summum do momento creativo. E a man fúndese co lapis e as verbas manan... e a vida, coas letras, en natural curso, segue arrastrando recordos e seres que algún día nos acompañaron á beira dun río que nunca é o mesmo. E nós, na nosa natural evolución, fluimos cos cambios e só mantemos a esperanza de non perder a substancia, esa parte do ser que nos conecta de maneira intanxible coa enerxía creadora. E nesa enerxía, non teño dúbida, vives agora e por sempre, TERESA.









Comentarios

  1. En primeiro lugar, graciñas a ti por mencionar a fotografía, unha imaxe que me trae moitos recordos daquel día e moitos máis que desfrutei na súa compañía.
    Como ben dixo ela, tes moito, moito talento para a poesía e o escrito que lle adicas é moi fermoso, descríbese como era, e con moito sentimento, sei que chegará a esa energía crradora e estará moi orgullosa e agradecida.
    Botarémola moito de menos ❤️

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Outro outono

PRIMAVERA