Publicacións

Outro outono

Imaxe
               E o rumor do río, ó seu paso, petando na porta do meu silencio para lembrarme que eu, insignificante pinga no seu caudal, acabarei arrastrada e asolagada no mar da inmensidade onde xa vives para sempre tí, amiga, compañeira. E un novo outono cimentando as bases dun inverno longo, onde a soidade acompaña as reflexións de noites escuras, frías e húmidas, e as letras volven, sempre, coma un río, destacando a súa presenza no medio da nada.

PRIMAVERA

Imaxe
                Estoupido de cores, rechouchíos de ledos paxariños, agromando flores de chamativas cores "ya es primavera en el Corte Inglés" pero se estás pobre e queres aforrar non unha perra senón tres, olla ó horizonte e desfruta é de balde e se o racho na camiseta deixa que corra o vento aire acondicionado sen instalación  e ó momento.

Día Mundial da Poesía

Imaxe
                A 21 de marzo de 2.024, Día Internacional dos Bosques e Día Mundial da Poesía.                    Co recendo dunha primavera recén chegada a aperta a unha árbore o baño de bosque a natureza, a vida e un río ó seu paso recitando poesía.               

RELOXO DE AREA

Imaxe
          Fera axada de vento violenta golpea a fiestra facendo caer un vello libro e convertendo en mil faragullas o reloxo de area reliquia da miña infancia que, con preguiceiro solaz, descansaba na mesiña onde me facía lembrar a cotío a importancia e gran valor do tempo que marcha para non voltar...          Xogos matemáticos e adiviña adiviñanza na nosa nenez... ¿Cantos grans de area teñen cabida no pequeno reloxo? ¿A cantos minutos equivale a súa metódica caída?          Decátome da xanela aberta e no intre de pechala diviso un chamativo papaventos desfrutando no ár cincento e, con el, as minúsculas partículas de area cheas de envexa e desexosas de compartir a súa sorte e de recuperar o voo ceibe do seu pasado fuxen... E sinto que a tarefa de reconstruir o reloxo  resultará imposible. Voa con elas a miña imaxinación... Ser quen de arrexuntar os verdes grans de area en camuflaxe coa vexetación dunha...

BUGUINA

Imaxe
              Aprendendo leccións da Nai Natureza...         Escarvando na area atopei un mundo enteiro na perfecta espiral dunha cuncha. A miña ousada ignorancia en humilde xenuflexión recurriu ó diccionario para aprender o seu nome: BUGUINA.          E pareceume tan fermosa tan sonora e vibrante a inédita verba que pensei en escribirlle. Amablemente me amousou os segredos ocultos nos seus labirintos os sons do seu interior o vento, o mar, a vida.          Foi lúdico devezo dos meus nenos, un minúsculo tesouro nas miñas mans lembrando o coñecemento infinito ése que se perde na vertixe das súas espirais e nós tan ignorantes co peito repleto de ego e vaidade.          Faloume tan profundo... Sentín medo, case arrepío. Pensei en enterrala na area ou esnaquizala en mil anacos. Máis a voz do meu interior reflexiva, fixo medrar o espírito na férrea convi...

ARCO DA VELLA

Imaxe
                          Aparece o Arco da Vella na cultura popular galega con connotacións tan chamativas que a miña ignorancia manifestouse nestas verbas que seguen: na Biblia, como representación da paz que Deus mandou ós homes ou como a existencia dun tesouro alí onde o arco tocaba a terra, entre outras.                              Desas definicións que eu descoñecía e da fotografía...                     Detédevos no voso tristeiro camiñar,                    sede conscientes non só das bágoas                    deslizándose paseniño polos vosos negros paraugas                  ...

NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
                                                      Hoxe é vintetrés de febreiro, o día de Rosalía de Castro. Si son Galega, si vivo na Praza Rosalía de Castro e se son quen de relacionar algúns dos elementos da nosa contorna... xúntanse  as verbas soas  e cada un que lea e interprete... ¡Pola liberdade de expresar as emocións e os sentimentos, pola cultura e pola Terra!                         Vintetrés de febreiro          data sinalada          mil parabéns no teu día          no teu aniversario, Rosalía.                    A contracorrente          nesta soci...