NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe é vintetrés de febreiro, o día de Rosalía de Castro. Si son Galega, si vivo na Praza Rosalía de Castro e se son quen de relacionar algúns dos elementos da nosa contorna... xúntanse as verbas soas e cada un que lea e interprete... ¡Pola liberdade de expresar as emocións e os sentimentos, pola cultura e pola Terra!
Vintetrés de febreiro
data sinalada
mil parabéns no teu día
no teu aniversario, Rosalía.
A contracorrente
nesta sociedade do ruido e da imaxe
vou silenciar o meu rechouchío.
Ó acubillo dun hórreo
fiel garda do millo
que a tantos famentos
o apetito saciou...
Eu, minúsculo paxariño,
ó abeiro da cruz...
¡Invócote, Rosalía!
Precisamos como nunca
alimento para o espírito
poesía pura.
Orgullo da Terra
infinito agradecemento
por dar voz á nosa fala.
Hei aprender a declamar
dar vida a versos perdidos
e no teu vindeiro aniversario
recitarei alto e claro...
E o meu trilo silenciado
trocará na melódica voz
do máis sonado vate
ése que sinta a Terra
e transmita respecto, orgullo
e amor incondicional por ela.
Nestes intres de silencio
tí fálame sempre, Rosalía
para que logo confundan
os meus rechouchíos
coas máis fermosas poesías.
Qué fermosura! encántame ♥️♥️
ResponderEliminar