ATOPANDO BELEZA NO MEDIO DA NADA
Nunha tarde de outono gris e chuviosa en calquera praia de Galicia... esquecida do home pero devolta a tempo polo mar ofrécese esta botella baldeira, sen nada no seu interior pero con grande mensaxe no exterior... para que podamos facer xuntos un brinde pola AMIZADE, pola BELEZA e pola VIDA.
Por encher os ocos desta nosa axitada vida con IMAXES, LETRAS que axuden na CREACIÓN dun Universo novo e máxico onde convivan en harmonía e onde a imaxinación colla folgos para facer da nosa singradura unha viaxe máis agradable.
Comentarios
Publicar un comentario