FÁLANME UNS OLLOS

Bó día, despois duns días en silencio, voltamos para compartir un cuadro dunha ARTISTA local, Dolores Tomé Carou, cunha pintura intimista que me impresionou cando a descubrín unha noite de setembro na que tiven a sorte de ser convidada a ver a obra desta amiga e veciña que, malia que o ten silenciado, o seu talento acabará por ver a luz. As seguintes verbas resumen as sensacións que me provocou... Fálanme uns ollos Fálanme uns ollos ansiosos por descubrir a inmensidade do mar as cores alaranxadas do ocaso. Fálanme uns ollos presos máis vivos e expresivos... Uns ollos con azos por coñecer, reconquistar un mundo cheo de beleza. Reixas frías e duras, escuras como o ferro corroído polo óxido. Non é suficiente este encerro, nin tan sólida a cadea... impedimentos, obstáculos incapaces de extinguir o soño da LIBERDADE. Non é preciso berrar para ser escoitado nin tan sequera separar os beizos para comunicar un sentimento. Basta a luz de dou...