NA PRAIA DO DIQUE QUEIRUGA PORTO DO SON


 

LUSCOFUSCO NA PRAIA DO DIQUE


    Neste luscofusco despedindo

un agradable día estival

agradezo a fortuna

da que me sinto dona

por estar nesta terra,

nesta praia, nesta marabilla.


    Pequenas pegadas gravadas

na area desandando de vagar

o camiño

Esgotados cativos 

pola enerxía consumida

en interminables xogos

nunha xornada de verán

plena e chea de ledicia.


    Marcha da praia o ruído

e neste solpor sen mácula

fico a rentes do mar

escoitando en concentrado silencio

o seu murmurar.

En plenitude me sinto

case iluminada

nesta consciente escuridade

que fusiona todo o meu ser

en contemplación

coas máis fermosas formas

da natureza, regalo

dunha forza creadora

capaz de teletransportarme

desde o meu fogar

ó Dique

onde as liñas do horizonte

aínda alaranxado

me amosan como e onde

transcribir as emocións

sacudindo o espírito

e facéndoo presente

aquí e agora

sempre.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

No Monte San Lois

Outro outono

PRIMAVERA