Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2023

XESTAS

Imaxe
         Con moito agarimo llo adico a Silvia Womami. Se aprendera esperanto, nesa lingua o escribiría para que chegara a todo o mundo e extendera o espírito cosmopolita de Silvia, unha CANTANTE con maiúsculas que o mesmo interpreta a "Milonga de aquí" de Sés que adopta "La Llorona" mexicana como se fora nosa. Pola liberdade, pola música, a creatividade, as letras e a maxia. Hoxe e sempre... XESTAS Faise na túa rouca voz aloumiño o eco da fala da NAI TERRA, ca fondura dunha raíz alimentando o espírito. Pode o meniño no acubillo do colo adormecer os medos. Pode a herdanza materna transmitir en máxico escorzo, como hábil contorsionista, o poder de esquivar o destino, dono absoluto do tempo cruel e inexorable. Sempre haberá unha aldea remota que nos acolla. O ouvear ferido dunha loba nai chamando polos seus fillos. Unha cova, un refuxio. Unha fogueira, pedras e elementos primarios. O Sol. A Lúa. A nosa pertenza a un Universo de Natureza Infinita. Sempre XESTAS, com...

UNIÓN

Imaxe
                      DÚAS ALMAS QUE SE CRUZAN NO CAMIÑO No estrinque dun nó mariñeiro amarrei os meus soños máis a forza do mar contra as rochas espertoume de súpeto. Só atinei a albiscar un veleiro preso xa de feroz marusía en incerta singradura perdido. Acharei no quedo ollar dos teus faros certeiros o Norte na brúxula endereitando o rumbo. Rexo carballo serás testemuña: dúas almas na noite esquecidas, mudas, núas... De súpeto donas, libres e amantes. Xa sen medo berrando ó ár o sentimento partícipes do mesmo Universo. Ámbalas dúas fillas  do mar, do vento, da area fundidas na paisaxe... ¿Serán dúas sereas?
Imaxe
                               Adicado á doutora Begoña P. de Pontevedra, bautizada como "filla adoptiva de Caveiro" por facer visitas frecuentes ó noso pobo durante máis de trinta anos, con moito agarimo...                 De novo Monte Louro               ¿Pode Monte Louro ser un faro?                              Neste lado da Ría de Muros Noia                            ese pétreo referente no noso horizonte               significa seguridade, comodidade                    e calidade do lar,               do fog...

FELICITACIÓN DO NADAL

Imaxe
  PAZ         Por un Nadal humilde, sinxelo e CREATIVO. A esa persoa máxica capaz de crear nun intre unha recua  de ANXOS que ben poderían formar un exército de PAZ.                    Por ese ANXO convertido en regalo nesta sociedade individualista na que prima a soedade.                    Por ser quen de compartilo conmigo e eu, así mesmo, sentirme coa débeda de compartilo con tod@s vós.                    Por ser feito (o ANXO) con moito agarimo e de xeito manual.                    Por poder voltar á infancia hoxe e sempre (tendo en conta que a persoa que fixo o ANXO ten máis de oitenta e cinco anos).                    Por ser capaces de facer coas nosas mans unha cadea que no...