FELICITACIÓN DO NADAL

 



PAZ

        Por un Nadal humilde, sinxelo e CREATIVO. A esa persoa máxica capaz de crear nun intre
unha recua
 de ANXOS que ben poderían formar un exército de PAZ.

                Por ese ANXO convertido en regalo nesta sociedade individualista na que prima a soedade.

                Por ser quen de compartilo conmigo e eu, así mesmo, sentirme coa débeda de compartilo
con tod@s vós.

                Por ser feito (o ANXO) con moito agarimo e de xeito manual.

                Por poder voltar á infancia hoxe e sempre (tendo en conta que a persoa que fixo o ANXO ten máis de oitenta e cinco anos).

                Por ser capaces de facer coas nosas mans unha cadea que nos procure unión rexa cos nosos iguais.

                Por sentir a PAZ no noso interior na súa definición como "estado de tranquilidade e benestar da persoa exenta de molestias e conflitos, ou do lugar onde non hai ruído nin axitación".
            
                Por manter o espírito creativo.


               Por felicitar as Festas, o Nadal ou como vos pete chamarlle dun xeito diferente.

                Porque, definitivamente, o copia e pega non vai conmigo...

                Saúde, Humor e Paz neste ano 2023 que remata e SEMPRE.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

No Monte San Lois

Outro outono

PRIMAVERA