RELOXO DE AREA

Fera axada de vento violenta golpea a fiestra facendo caer un vello libro e convertendo en mil faragullas o reloxo de area reliquia da miña infancia que, con preguiceiro solaz, descansaba na mesiña onde me facía lembrar a cotío a importancia e gran valor do tempo que marcha para non voltar... Xogos matemáticos e adiviña adiviñanza na nosa nenez... ¿Cantos grans de area teñen cabida no pequeno reloxo? ¿A cantos minutos equivale a súa metódica caída? Decátome da xanela aberta e no intre de pechala diviso un chamativo papaventos desfrutando no ár cincento e, con el, as minúsculas partículas de area cheas de envexa e desexosas de compartir a súa sorte e de recuperar o voo ceibe do seu pasado fuxen... E sinto que a tarefa de reconstruir o reloxo resultará imposible. Voa con elas a miña imaxinación... Ser quen de arrexuntar os verdes grans de area en camuflaxe coa vexetación dunha...