Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2023
    Nestas datas, aproximándonos ó Día de Defuntos, e casualmente descuberto nunha necrolóxica, gustaríame compartir un poema de Celso Emilio Ferreiro. NAI     Eu non choro por ti, pois sei que mouras xunto á fonte do tempo, alá no fondo de tódolos camiños das estrelas.     Choro por min, cun pranto inconsolábel, que me quedei sin ti, meu limpo espello, coma un arbre na noite, soio e núo, fendido polo cerne, coas raíces sin os doces segredos das violedas.     Choro por min, por estas maus de cinza que outrora foron pombas, cando o meu corazón era un paxaro e ti pasabas sempre atafegada nun rumor de formiga labourando.     Tecían as labercas seus abrentes i eu era un vagalume, unha estreliña ateigada de luz polas vereas. Dios estaba con nós.     Agora estou soliño, orfo de beixos tépedos sin mácula. Choro por min que xa non teño colo para pousarme nil coma nun niño, miña nai imposíbel, viva e morta no cristal dos meus ollos. Poe...

A SABEDORÍA POPULAR NA METEOROLOXÍA

Imaxe
           Hoxe a inspiración chega da man dos ditos de sempre dos mariñeiros respecto á predicción meteorolóxica. E os que vivimos no Son sabemos de certo que si Monte Louro ten sombreiro, a chuvia non ha tardar en facer a súa aparición.         Se o señor que tés de frente leva un bonito sombreiro esquécete dun día quente e repleto de solleiro.     Os veciños de Porto do Son ollamos cara o horizonte e, de contado, se os raios do sol brilan e Louro se ve o Monte sabemos de certo que ese día poderemos desfrutar dun paseo por este lado da ría.     Lembra si leva chapeu sinónimo de chuvasco e deixa o paseo para mañán se non queres levar un chasco.

ENGANOUME A LÚA

Imaxe
  ENGANOUME A LÚA Enganoume a Lúa facéndome crer no asolagamento dese mar de luz azul que era raeira de Sol e na cegueira motivada nos meus ollos na noite da ignorancia, no máis escuro descoñecemento brilou como nunca a indómita beleza da plenitude. Enganoume a Lúa facéndome crer que era leal compañeira  cando só a soidade me abrazaba e a silente insignificancia da pequenez da miña existencia insistía teimuda que esa aloucada reflexión de perdida nanopartícula nun inabarcábel macrocosmos ben podería ser a plenitude. A conciencia total de pertenza a un conxunto superior a un Universo de creación. Enganoume a Lúa facéndome crer que o soño non había rematar máis... Chegou o Sol acendeuse a luz e rematou a función. A estúpida razón acaparando aplausos tratando sempre de dar explicacións o brilo dunha raiola perdida reflectida no ego do home. Nese intre xurdeu a insatisfacción a desconformidade coa propia esencia. Podería ser que só a heroicidade da incerteza da morte nos devolva a...

CANDO ATA AS PEDRAS FALAN

Imaxe
  Corazón de pedra Cabeza gacha ollos tristeiros outono meláncolico e gris. Tarde borrallenta frío nos ósos e na alma mesma desesperanza existencial vacío tantos interrogantes por resolver tantas dúbidas agardando resposta. Máis a esperanza  non habemos perder xamáis. Nunha praia na area mesma unha pedra arrodeada de mil pedras máis destácase entre as semellantes e fálame. Non sei si emite son algún ou son os meus incontrolables devezos de atopar sentido  o que me fai ver ós meus pés na rocha mesma o universal símbolo do amor: Un corazón duro e frío coma o material do que está feito máis que insufla no meu peito calor e vida xustamente do que adoecía neste morriñento serán. Grazas mil Natureza por ser sempre a Nai amiga que aprende ós seus fillos o camiño da vida.

REGÁLAME MIL E UN OUTONOS MÁIS

Imaxe
 A unha amiga (M.G.G.) que me cedeu as fotos de hoxe... Regálame mil e un outonos máis Oxalá as marcas dos petroglifos simbolicen os indelebles sinais que unha amizade pode gravar na alma. Regálame mil e un outonos máis non temo a fuxida das anduriñas nin a caída das follas procesos naturais son. Iso sí, fago pública a miña renuncia... Asumo a reponsabilidade na estúpida espiral trazada polo noso desnortado camiño. Non serei máis cicerone. Escoitarei e aprenderei nesta viaxe vital. Natureza renovándose deixando ir o excedente. Moitos anos xa acompañándonos. Hoxe non somos as de onte Nin mañán Nin nunca máis o seremos... Máis o pouso da nosa amizade substancia será sempre na fondura dos nosos corazóns.

REMINISCENCIAS DO ÚLTIMO VERÁN

Imaxe
         Fotografías dos derradeiros solpores do verán. E as verbas que flúen... SEGUINDO A LIÑA DO HORIZONTE   SEGUINDO A LIÑA DO HORIZONTE DUBIDO DUBIDO EN SUMERXIRME NA FONDURA DUN OCÉANO AMIGO OU DEIXARME ENGAIOLAR POLA CEGADORA LUZ ALARANXADA DUN DÍA ESMORECENDO. A CALOR, O LUME PURO DA ESTRELA QUE TODO TINGUE DE CÁLIDAS CORES. DUBIDO DOS MEUS AZOS QUERENDO (OU NON) SER UNHA UNIDADE CO ASTRO QUE NOS MANTÉN VIVOS. OCASO, EFÉMERO ESPECTÁCULO... APURA O OBXECTIVO O ESCURRIDIZO INTRE A BELEZA FUXINDO NUNHA FERA CARREIRA. COMO META: UNHA NOITE CERTA. DUBIDO EN CHAMARLLE NAUFRAXIO A ESTE VOLUNTARIO AFONDAMENTO NA QUIETUDE IMPERTURBABLE DO MAR MÁIS PROFUNDO. PERSISTO NA MIÑA DÚBIDA EXISTENCIAL. SEMPRE HABERÁ OLAS EN SUAVE VAIVÉN XOGANDO COA AREA DESFACÉNDOSE EN BRANCA ESCUMA SALPICANDO A UN NENO QUE SALTA E CORRE NA MESMA BEIRA ONDE O MAR RECOBRA FORZAS PARA GUIAR Ó VELEIRO QUE NAVEGA SEMPRE SEN PRECISAR BRÚXULA POLA CURVADA LIÑA DO HORIZONTE NA PROCURA DOS R...

ATOPANDO BELEZA NO MEDIO DA NADA

Imaxe
      Nunha tarde de outono gris e chuviosa en calquera praia de Galicia... esquecida do home pero devolta a tempo polo mar ofrécese esta botella baldeira, sen nada no seu interior pero con grande mensaxe no exterior... para que podamos facer xuntos un brinde pola AMIZADE, pola BELEZA  e pola VIDA.      Por encher os ocos desta nosa axitada vida con IMAXES, LETRAS que axuden na CREACIÓN dun Universo novo e máxico onde convivan en harmonía e onde a imaxinación colla folgos para facer da nosa singradura unha viaxe máis agradable.